Comeza na UNED de Lugo unha exposición sobre a emerxencia climática

A exposición Emerxencia climática: feitos e datos enfocada desde a educación ambiental e baseándose en información científica contrastada, pretende proporcionar os fundamentos básicos que argumentan a crise climática que vivimos. Preséntase como un percorrido secuencial, pero tamén pode facerse un achegamento á exposición tendo en conta catro grandes bloques de contidos diferenciados:

  • Bases de coñecemento climático.
  • Desde o global até pisar o noso territorio.
  • Motivos para a esperanza, proposta de acción.
  • Estratexias, alianzas e actores para a Emerxencia Climática.

Terá lugar do 18 de novembro ao 9 de decembro no Vestíbulo do Salón de Actos do Centro Asociado de 9:00 a 21:00 horas.

Máis información:

https://extension.uned.es/actividad/25701&codigo=ECFED