Comeza na UNED de Lugo unha exposición sobre a emerxencia climática
A exposición Emerxencia climática: feitos e datos enfocada desde a educación ambiental e baseándose en información científica contrastada, pretende proporcionar os fundamentos básicos que argumentan a crise climática que vivimos. Preséntase como un percorrido secuencial, pero tamén pode facerse un achegamento á exposición tendo en conta catro grandes bloques de contidos diferenciados:
- Bases de coñecemento climático.
- Desde o global até pisar o noso territorio.
- Motivos para a esperanza, proposta de acción.
- Estratexias, alianzas e actores para a Emerxencia Climática.
Terá lugar do 18 de novembro ao 9 de decembro no Vestíbulo do Salón de Actos do Centro Asociado de 9:00 a 21:00 horas.
Máis información: