Plan de Acollida do Centro Asociado de Lugo
Cos plans de Acollida a UNED intenta introducir o alumno dunha forma rápida nas metodoloxías e tecnoloxías que o alumno deberá utilizar nos seus estudios.
Ao principio do curso o Centro asociado de Lugo organiza unha serie de sesións nas que trata de orientar ao alumno dun xeito rápido e conciso sobre os diferentes recursos tecnolóxico- educativos que a UNED pon disposición de todos os seus alumnos para axudarlles nos seus estudios. As devanditas sesións duran entre unha hora e media e dúas horas e celébranse na Aula de Informática do Centro asociado de Lugo. Nestas sesións oriéntase ao alumno sobre:
- O Campus de Estudante e a súa Secretaría Virtual.
- A súa conta de correo electrónico.
- O acceso aos Cursos Virtuais e o seu manexo.
- Presentación dos diferentes tipos de titoría.
- Revisión dos recursos online da UNED.
Durante o proceso de matriculación en setembro e outubro de cada ano podes inscribirte (presencialmente ou por teléfono) e escoller algunha das sesións que se celebrarán.