Cursos UNED Lugo

No Centro Asociado de Lugo lévase a cabo cada curso académico un amplo e extenso calendario de actividades de Extensión Universitaria e divulgación cultural, tanto no devandito centro coma nas súas Aulas adscritas: Foz, Monforte e Viveiro.

Esta experiencia é valorada moi positivamente polos participantes que depositaron a súa confianza nas actividades formativas do Centro.

Perséguese a mellor formación dos nosos graduados para que sexan capaces de adaptarse tanto ás demandas sociais como ás demandas do sistema científico tecnolóxico.

Dende o Centro Asociado de Lugo desenvolvemos un programa de Extensión Universitaria para a poboación en xeral, baseada en actividades de formación académica, cultural e de divulgación, axeitados aos intereses da sociedade.

Por todo isto cumpriremos dende a UNED con varios obxectivos:
  1. Adaptar e flexibilizar a oferta formativa ás diversas necesidades e situacións socioeconómicas; ao maior número de modalidades de impartición posibles, incorporando as tecnoloxías máis axeitadas, para dispoñer dun proxecto educativo, coa oferta máis ampla posible e alcanzar así a excelencia nas accións formativas.
  2. Establecer estratexias para un maior recoñecemento da experiencia formativa en ámbitos nacionais e internacionais.
  3. Fomentar a participación da cidadanía, do alumnado, dos titores e do persoal de administración e servizos en causas e compromisos que a institución establece como prioritarios en todos os ámbitos territoriais de actuación.
  4. Lograr que o Centro Asociado de Lugo manteña o liderado no número e calidade de servizos que presta ao seu alumnado e no trato respectuoso dispensado a este.

Logramos ao longo destes cinco cursos académicos que o alumno do Centro Asociado de Lugo e as súas Aulas amose a súa satisfacción coa institución realizando novas actividades formativas e recomendando a nosa formación.

Asumimos uns compromisos coa sociedade lucense que se foron cumprindo con grande éxito:
  • Formación para toda a vida.
  • Construción dunha cidadanía responsable e democrática.
  • Mellora continua e ampliación da rede de Campus.

Dende a dirección do Centro Asociado desexamos que a programación ofertada este novo curso cumpra as vosas expectativas.

Programas e matrícula online >

Ofrecemos simultaneamente cursos: presenciais, por Internet en directo e por Internet en diferido.
Moitos dos cursos que se ofertan están recoñecidos con créditos de libre configuración e ECTS.

Grazas por confiar na UNED unha vez máis.

UNED Lugo

edificio-lugo

No Centro Asociado de Lugo lévase a cabo un amplo e extenso calendario de actividades de Extensión Universitaria.