UNED Lugo cos ODS

Comprometidos co desenvolvemento sustentable

 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS)

Ámbitos

Desde UNED Lugo estamos moi comprometidos en promover e implementar distintas medidas para mellorar a nosa sociedade tendo sempre en mente o desenvolvemento sustentable. A continuación lístanse agrupadas por ámbito algunhas das iniciativas que colaboran á consecución dos ODS:

  • Memorias e resultados
  • Producción científica
  • Compromisos e políticas
  • Proxectos e programas
  • Formación
  • Extensión Universitaria
  • Boas prácticas
  • Noticias e publicacións
  • Unidades e servizos
Que podemos facer

Os cambios a grande escala comezan por pequenos xestos. Desde UNED Lugo estamos comprometidos co Desenvolvemento Sustentable e pensamos que un mundo mellor é posible mediante a acción individual.

Reciclaxe

Sempre que poidas dalle unha segunda oportunidade ás cousas. Utiliza adecuadamente os contedores de recollida selectiva, separando o teu lixo de maneira que poidan ser correctamente tratados e/ou reutilizados.

Electricidade

O aforro enerxético debe formar parte das nosas prioridades. Opta por luminaria de baixo consumo, aproveita ó máximo a entrada de luz natural e non deixes en standby aparatos que no vaias utilizar.

Auga

A auga é un recurso escaso, non a desperdicies. Opta pola ducha en lugar do baño e non deixes correr agua innecesariamente no enxabronado, o lavado de dentes ou de mans.