Extensión Universitaria
As actividades de Extensión Universitaria son todos aqueles cursos, xornadas, seminarios, congresos, charlas, conferencias, etc., impartidos no Centro Asociado e as súas Aulas e que se realizan baixo as diversas formas da nosa metodoloxía, calquera que sexa a titulación esixida aos alumnos inscritos nestes e encamiñadas á expedición dun certificado.
Adoitan ser actividades cunha combinación de metodoloxías: presencial, videoconferencia, por Internet en directo e por Internet en diferido.
Unha gran parte destas actividades están abertas a calquera persoa interesada nos temas a tratar.
En todas as actividades se expiden certificados e nunha gran maioría concédense créditos ECTS, créditos recoñecidos pola UNED e o Espazo Europeo.
Se estás interesado nalgunha temática particular que sexa adecuada para a realización dun curso non dubides en propoñérnolo enviando un correo a info@lugo.uned.es indicando no título do correo “Proposta de Curso de Extensión Universitaria “. Tamén podes facelo enchendo este formulario de xeito anónimo: https://forms.office.com/e/qEg6UNNpG4.
Tamén estarán comprendidas nas actividades de extensión universitaria, os congresos e seminarios organizados na Sede Central ou noutros Centros Asociados.