/* Xavier: quitamos "http:" nos enlaces a googleapis para que cargue ben por http ou https*/

Cursos de Verán

Centrados na formación de persoas e profesionais comprometidos e responsables co seu ámbito e coa sociedade na que viven, a UNED de Lugo oferta servizos educativos e transferencia de coñecementos seguindo principios de ética, bo goberno, respecto ao medio ambiente, compromiso social e promoción de valores cidadáns.

A UNED quere aproveitar así o desenvolvemento de programas de ensino (regulada e non regulada) que contemplan aspectos de sostibilidade ambiental e social como unha das oportunidades máis claras para a sensibilización e educación de cidadáns e profesionais, tendo en conta o efecto multiplicador que isto supoñerá en relación ás organizacións, empresas, familias, etc., nas que estes se integran.

A confianza que depositan nesta universidade, durante os cursos de verán, varios miles de estudantes supón un estímulo e unha obriga para seguir traballando co obxectivo de atender cada día mellor as súas necesidades educativas, culturais e sociais, a través dun modelo de ensino mixto, que mestura o virtual e o presencial, tamén nos seus cursos de verán, reflexo do compromiso social da UNED.

O Centro Asociado de Lugo oferta Cursos de Verán utilizando metodoloxía propia desta Universidade: videoconferencia, por Internet en directo e por Internet en diferido. Referidos a distintas áreas temáticas: educación, psicoloxía, informática, dereito, etc.

Ademais, a maioría dos cursos están recoñecidos con créditos para estudantes universitarios (libre configuración e ECTS) e profesorado (créditos do Ministerio de Educación).

Información dos cursos de verán da UNED >


cursos-verano-2014