Aurea Martínez de la Fuente e Sergio Orduña Alonso repasarán o panorama actual da violencia de xénero na UNED de Lugo

Con motivo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, Aurea Martínez de la Fuente, fiscal delegada de Violencia de Xénero da provincia de Lugo e Sergio Orduña Alonso, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Violencia de Xénero de Lugo, participarán na conferencia: Panorama actual da violencia de xénero.

Unha conferencia que forma parte do proxecto Planeta ODS 2.0.

A violencia contra a muller segue sendo un obstáculo para alcanzar a igualdade, o desenvolvemento, a paz e o respecto dos dereitos humanos de mulleres e nenas para construír sociedades inclusivas e sustentables. A promesa dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS5, ODS10, ODS16) da Axenda 2030 de non deixar que ninguén quede atrás, non poderá cumprirse sen primeiro pór fin á violencia contra mulleres e nenas.

Ademais, o propio día 25 de novembro, publicarase na canle de You Tube do centro unha nova peza audiovisual do proxecto Planeta ODS 2.0.  

Realizarase presencial ou online, en directo ou en diferido, o 22 de novembro, no horario de 18:00 a 19:00.

Máis información e matrícula en:

https://extension.uned.es/actividad/25775&codigo=PADLV