A UNED de Lugo ofrece un curso sobre o método biográfico e autobiográfico, estudado desde unha perspectiva etnográfica

No curso Relatos biográficos e historias de vida: construción desde un marco etnográfico, académicos da Socioloxía, as Ciencias Políticas e a Psicoloxía social, presentarán o método biográfico desde unha perspectiva etnográfica, incluíndo a elaboración da narración biográfica nun marco etnográfico. Reforzando esta metodoloxía das Ciencias Sociais, mediante o achegue de relatos biográficos e historias de vida dos baixos fondos, dos contextos máis criminalizados e/ou estigmatizados da sociedade.

Un curso, en definitiva, que pretende ofrecer unha visión do uso dos relatos biográficos e historias de vida desde un enfoque eminentemente práctico.

Será impartido por: Dr. José López Riopedre, doutor en Socioloxía, profesor- titor con Venia Docendi en UNED Lugo e en UNED Ponferrada; Dr. Jaime De la Calle Valverde, doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía, profesor-titor en UNED-Bizkaia; Dra. Laura Oso Casas, catedrática de Universidade e coordinadora ESOMI (Equipo de Socioloxía de Migracións Internacionais) na facultade de Socioloxía-UDC (Universidade da Coruña); Dra. Pilar Albertín Carbó, doutora en Psicoloxía Social, profesora titular de Psicoloxía e Criminoloxía na Facultade de Psicoloxía-UDG (Universidade de Girona).

Realizarase online do 30 de marzo ao 29 de abril, de 16:00 a 17:30 horas

Máis información e matrícula:

https://extension.uned.es/actividad/26296&codigo=RBEHD