A Uned de Lugo ten preparados varios cursos e actividades con motivo do Día Internacional da Muller

Ao longo desde mes tan sinalado para a muller, realizaranse na UNED de Lugo dous cursos, unha presentación dun libro e unha exposición de pintura de temática de xénero.

A Primeira Actividade que se desenvolverá este mes sera o curso “Estratexias para a eliminación de estereotipos de xénero no exercicio da  actividade profesional. ODS 5”.  Nel proporanse varias pautas e estratexias para aplicar no ámbito laboral co fin de erradicar estereotipos e prexuízos de xénero. Terá lugar do 8 ao 11 de marzo. Poderase asistir de xeito presencial ou a través de streaming. Paralelamente, terá lugar nas instalacións do Centro a exposición de pintura “Confinadas: mujeres en la pandemia” de Anama (Ana Rodríguez). Poderá visitarse ata final de mes, do 8 ao 31 de marzo.  

Para finais de mes, desenvolverase a segunda edición das Xornadas aprendendo feminismo: Ecofeminismo. ODS 4. Como na anterior edición,  nestas xornadas  seguirase indagando no papel e na situación da muller no medio rural. Nesta actividade participarán docentes e profesionais, todas elas mulleres, como Araceli Serantes Pazos, Rosa Arcos Caamaño e Mª Carmen Díaz Simón, entre outras. Terá lugar do 24 ao 25 de marzo e será unha actividade gratuíta (sen certificado).  

Nas mesmas datas, presentarase  tamén no Centro Asociado o libro “Una mujer de Prahova: Historias de vida y exclusión social en la diáspora rumana” por José López Riopedre. Terá lugar o 25 de marzo ás 19:30 horas.  

Ademais, tamén se lanzará o mesmo luns, día oito, o vídeo correspondente ao Día Internacional da Muller Traballadora, dentro do programa Planeta ODS, realizado en colaboración audiovisual co Foro Feminista de Lugo. Este vídeo estará dispoñible nas RRSS do Centro ao longo da mesma xornada.