Alberto Uría Moreno impartirá na UNED de Lugo unha conferencia sobre polinizadores e biodiversidade
Co gallo do Día Mundial das Abellas (20 de maio), Alberto Uría Moreno impartirá a súa conferencia Polinizadores e Biodiversidade. A importancia dos polinizadores. Nela, o apicultor e creador do Ecomuseo “O País do Abeyeiro” en Penadanogueira (Lugo) explicaranos sobre esa importancia dos polinizadores.
A conferencia forma parte do proxecto #PlanetaODS 2.0, iniciativa galardoada cun premio nacional do observatorio ODS da UNED, cuxo obxectivo é divulgar efemérides socioambientais ligadas á Axenda 2030. A finalidade de #PlanetaODS 2.0, é a de concienciar da importancia de vivir dun modo máis sustentable, reforzando o compromiso das administracións e da cidadanía para alcanzar o dezasete grandes Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) que contribúen a preservar o planeta e facer posible unha vida digna para todo o mundo.
Realizarase online ou presencial, en directo ou en diferido, o vindeiro luns 23 de maio as 18:00 horas.
Dispón de máis información e matrícula nesta ligazón: https://extension.uned.es/actividad/27148&codigo=CPYBL