Co gallo do Día de Europa, Estefanía Molina impartirá unha conferencia na UNED de Lugo

Estefanía Molina Morales é unha voz destacada no ámbito da política e os asuntos internacionais, recoñecida polo seu profundo coñecemento e a súa capacidade para analizar os desafíos e oportunidades que enfronta Europa na actualidade.
Na súa conferencia, a xornalista, analista política e escritora, repasará os principais acontecementos que marcaron a historia recente de Europa e ofreceranos unha visión clara e fundamentada sobre os retos que afronta o continente nun mundo cada vez máis interconectado e cambiante.

Realizarase online e presencial, o 9 de maio de 18:30 a 20:00 horas.
Máis información e matrícula:
https://extension.uned.es/actividad/37601&codigo=CDDEE