A UNED de Lugo crea a iniciativa ‘Hidrata a túa mente’ polo Día do Libro 2024

Con motivo do Día Internacional do Libro o vindeiro 23 de abril, a UNED Lugo propón unha actividade de animación á lectura e sensibilización ambiental a través do proxecto ‘Hidrata a túa mente’ onde aposta pola sostibilidade da man da Biblioteca do Centro Asociado.

Esta iniciativa consiste en inserir 50 céntimos na máquina de bebidas situada no vestíbulo da UNED, introducindo no teclado o código 43 ou 44, e de ahí, recibirase unha botella plástica de refugallo que contén un extracto textual dun libro de temática medioambiental, dispoñible para préstamo na Biblioteca, xunto cunha participación no sorteo de dous lotes ecosostibles, dando outra vida a todos os elementos que engloban esta idea, educando como Universidade en materia socioambiental a todos os usuarios que acudan ó edificio mostrando o compromiso ca Axenda 2030 cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: 12. Produción e consumo responsables, 13. Acción por el clima e 15. Vida de ecosistemas terrestres.

Este actividade está vencellada ao #LugoNaturalmente, un proxecto de divulgación ambiental do programa UNEDFutura da Universidade, que xorde como resposta á crecente necesidade de iniciar un proceso en contra da contaminación na sociedade lucense.

Enlace á entrevista sobre esta actividade en “Hoy por Hoy” con Sara Meijide o pasado 23/04/2024.