Olga Novo e Cristina Corral cativaron nun recital de preto de dúas horas

O quinto dos encontros de LUGOPOÉTICA 2024  achegounos á poesía de Olga Novo e Cristina Corral, que fixeron un percorrido pola súa obra poética. O encontro, que foi coordinado polo presidente de Egeria, Xulio Xiz, e presentado pola directora da UNED, Ana Traseira, foi seguido por un numeroso público asistente.
Nel ámbalas dúas poetas leron os seus poemas e falaron de poesía e da súa traxectoria. O acto foi retransmitido pola canle de YouTube da UNED e pode verse en diferido en dita canle e a través das webs de Egeria e Lugopoetica2024.
Os contidos dos seis encontros, promovidos por Egeria co apoio da Uned e da Xunta de Galicia, serán recollidos posteriormente nun libro.
Os Encontros rematarán o próximo 6 de xuño, coa participación de Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero e Francisco Javier Neira Pampín.

  • Olga Novo (Vilarmao – Pobra do Brollón, 1975). Doutora en Filoloxía galega pola USC, posúe os premios Losada Diéguez e os Nacionais da Crítica e de Poesía. O Patronato de Cultura Galega de Montevideo dedicoulle en 2004 o Día da Poesía Galega. Libros sobre a obra de Rodríguez Fer e Novoneyra, acredítana como ensaísta. Luminosos poemarios (‘A teta sobre o sol’, ‘Nós nus’, ‘A cousa vermella’, ‘Cráter’, ‘Feliz idade’…) conságrana como gran poeta.
  • Cristina Corral Soilán (Lugo, 1976). Escritora, xornalista e profesora de lingua e literatura española. Ten traballado no xornal El Progreso de Lugo e Europa Press. Escribe contos, teatro e cancións para niños y niñas. Colabora en diversos medios, ademais de ser co-editora do fanzine ‘A Revolta’. Dende 2017 co-dirixe o proxecto Espora (Escolas pola Radio) co que traballa en toda Galiza.