Continúa aberto o prazo de matrícula na UNED. Este ano amplíase a oferta de Microtítulos.

Continúa aberto ata o 21 de outubro o prazo de matrícula na UNED para estudos de Grao, Máster e Acceso á Universidade para maiores de 25 e 45 anos. Este ano ampliouse moito a oferta de Microtítulos con respecto ao curso pasado, ofertándose un total de 12 Microtítulos de Grao e un Microtítulo de Máster,  algúns deles aprobados recentemente no Consello de Goberno de 6 de xullo.
 

  • Micrograo en Historia de España.
  • Micrograo en Aproximación aos Estudos Ingleses: Lingua, Literatura e Cultura.
  • Micrograo en Historia, Cultura e Pensamento na Idade Moderna.
  • Micrograo en Historia, Cultura e Pensamento Contemporáneo Século XX.
  • Micrograo en Antropoloxía Prehistórica.
  • Micrograo en Estudos da Antigüidade.
  • Micrograo en Estudos Medievais.
  • Micrograo en Lóxica, Historia e Filosofía da Ciencia.
  • Micrograo Retos das Sociedades no Horizonte dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
  • Micrograo Estratexias fronte ao Cambio Climático.
  • Micrograo en Lingüística Inglesa.
  • Micrograo en Marketing e Estratexias Comerciais.
  • Micromáster en Bioloxía Humana.

A matrícula efectuarase unicamente a través de Internet. Consulta aquí a nosa oferta formativa. Onde queira que esteas, sexa cal sexa a túa situación laboral ou persoal, calcula as horas que podes dedicar a estudar e decide como comezar, continuar ou darlle a volta á túa formación universitaria: a UNED adáptase a ti.

#UNEDLugoNaturalMente