A UNED de Lugo lanza a súa canle de información universitaria a través de Whatsapp

A UNED de Lugo presenta unha nova forma de conectar directamente coa comunidade universitaria a través da canle de WhatsApp do Centro Asociado á UNED en Lugo.

Esta aplicación de mensaxería permitirá aos usuarios consultar as novas universitarias de maneira inmediata dende os seus teléfonos móbiles para estar puntualmente informado do día a día do centro universitario.

A directora da UNED de Lugo, Ana Belén Traseira, valora moi positivamente o potencial de comunicación a través desta rede pola esixencia dos usuarios de contar cunha información inmediata que posibilita acercar a todos os cidadáns contidos de alta calidade cultural.

O xestor de administración da institución universitaria lucense, Carlos García, valorou o feito de que a UNED, como entidade concibida para acercar a formación e a cultura a todos os recunchos do noso territorio, estea moi atenta aos cambos sociais no uso da comunicación como demostra este novo anuncio.

Unirse á canle da UNED de Lugo en WhatsApp é moi doado. Podes facelo premendo neste enlace:

https://whatsapp.com/channel/0029Va9KEX7FXUuiy3Rpbb3X

Ao sumarte á nova canle universitaria recibirás un resumo das actividades e novidades máis relevantes. Haberá material gráfico e audiovisual que poderás visualizar, garantíndose a cantidade razoable de envíos e o anonimato dos usuarios.