Últimos días de matrícula para a UNED Sénior

 
 
 
Neste curso, retomarase “Informática básica”, nunha actividade titorizada por Rocío Cuiña Cotarelo, e “Inglés” terá dous niveis, básico e intermedio, impartidos por Christina Pereira Pinto:

  • Inglés básico: luns, de 11:00 a 13:00. Titora: Christina Pereira Pinto
  • Inglés intermedio : mércores, de 11:00 a 13:00. Titora: Christina Pereira Pinto
  • Informática Básica: venres, de 17:30 a 19:30. Titora: Rocío Cuiña Cotarelo

O prazo de matrícula permanecerá aberto até o 30 de outubro.

A matrícula realizarase de xeito online ou presencial na Sede da UNED (enlace a información adicional).