O “Proxecto Ríos” coordina a XIV Limpeza Simultánea de Ríos en 51 municipios de toda Galicia

A XIV Limpeza Simultánea  “Móllate polos ríos” celebrarase este ano en 51 concellos de  toda  Galiza,  e  participarán  máis  de  65  entidades   (asociacións,  concellos,  colectivos ecoloxistas, centros de ensino…). Algúns destes  grupos xa participaron nas limpezas de anos pasados e tamén  hai  novas entidades  que  se sumaron  por  primeira  vez a esta  duodécima edición. 

A  limpeza,  que  será  o  26  de  setembro,  mobilizará  a  numerosos  voluntarios  e voluntarias que se desprazarán aos ríos destes 51 concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social.

En Lugo, coordinan a actividade ADEGA-Lugo e a UNED en treitos do río Rato e parque do río Miño. As persoas interesadas en participar poden inscribirse chamando ao 982240299 ou escribindo un correo electrónico a adegalugo@adega.gal antes do venres ás 14h.

Actualizouse a páxina web para a limpeza http://proxectorios.org/limpeza/  onde se especifica que é a limpeza, onde se celebrará, os contactos  dos/das coordinadores/as, e as entidades  participantes e colaboradoras.

Voluntariado Ambiental

O Proxecto Ríos é un programa  de Educación  e Voluntariado  Ambiental  que  ten  a finalidade   de  dar  a  coñecer   o  importante   papel   dos  cursos  fluviais,  amosar   as  súas problemáticas  así como fomentar  iniciativas que  permitan  á cidadanía  o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

Respectaranse tamén  as indicacións pertinentes en relación á situación de pandemia provocada pola COVID-19 dependendo da situación sanitaria de cada zona. Dende o Proxecto Ríos recoméndase  que  os grupos sexan de 10 persoas como máximo e se respecte sempre que sexa posible unha distancia  de 1,5 m. O uso de máscara será de obrigatorio  para todas  as persoas participantes. Cada persoa voluntaria deberá levar as súas propias luvas.

#UNEDLugoNaturalMente