COIE

QUE É O COIE?

O COIE é o Centro de Orientación, Información e Emprego, un servizo especializado en ofrecer información e orientación académica e profesional que a UNED pon a disposición dos seus estudantes.
Este centro depende do Vicerreitorado de Estudantes, Emprego e Cultura e exerce as súas funcións en coordinación cos Centros Asociados.

Desde o COIE tamén ofrecemos os nosos servizos ao resto da Comunidade Universitaria e á rede empresarial, mantendo o obxectivo de ofrecer axuda para a integración académica e profesional dos estudantes.

A UNED, a través do COIE, planifica, desenvolve, revisa, avalía e reformula, en función dos resultados da avaliación e dos obxectivos de mellora, unha serie de actuacións dirixidas á orientación académica dos estudantes:
  • Formación en técnicas de estudo autorregulado
  • Información académica
  • Asesoramento e consello personalizado relacionado co teu desenvolvemento académico.

 

Tamén che ofrecemos axuda personalizada antes, durante e despois dos teus estudos:
  • Antes da matrícula. Axudámosche a coñecer mellor o que vas estudar e como facelo e organizalo de forma realista, de acordo cos teus intereses e a túa situación persoal. Podes obter máis información na seguinte ligazón:
    http://coie-server.uned.es/quieres-estudiar
  • Durante os teus estudos. Podes acudir ao COIE para aprender a rendibilizar mellor os recursos ao teu alcance, a utilizar certas técnicas de estudo autorregulado, xestionar o teu tempo de estudo, afrontar mellor os exames e superar dificultades de aprendizaxe no sistema a distancia. Ademais, tamén che podemos facilitar información sobre bolsas, cursos complementarios, oportunidades de estudar no estranxeiro ou realización de prácticas de traballo en empresas. Podes obter máis información na seguinte ligazón:
    http://coie-server.uned.es/nuevo-estas-estudiando
  • Se estás a terminar os teus estudos. Informámoste en canto ás saídas profesionais do grao no que te matriculaches, así como, pomos ao teu alcance un taller de procura de emprego, con información acerca de ferramentas de procura de emprego, recursos de orientación, …. Podes obter máis información na seguinte ligazón:
    http://coie-server.uned.es/terminando-estudios
  • Unha vez terminados os estudos. Podémoste axudar na organización do teu plan de procura de emprego e no desenvolvemento da túa carreira profesional. Dispós dunha bolsa de emprego de alumnos e titulados da UNED na que poderás atopar ofertas de prácticas e emprego. Tamén che podemos suxerir como mellorar e actualizar o teu currículo e orientarte para proseguir a túa formación tanto no noso país como no estranxeiro. Podes ver máis información na seguinte ligazón:
    http://coie-server.uned.es/titulado

COIE Lugo

A partir do curso académico 2016/2017 o Centro Asociado da UNED  de Lugo contará con este novo servicio de atención ao estudante. O horario de atención personalizada a partir de setembro de 2016  será os xoves de 16:00  a 20:00

A través do noso Facebook, COIE Lugo Facebook , iremos compartindo toda a información que poda resultar de axuda.

As consultas deberán facerse a través do cuestionario que aparece no sequinte enlace http://coie-server.uned.es/mapa/idcentro/41&cconsulta=41.  Desde aí tratarase de contestar e solucionar todas as cuestións plantexadas polos alumnos en materia de información e orientación académica e profesional.

O COIE sestionará e redactará os convenios de cooperación educativa e de realización de prácticas con empresas e institucións, así como coordinar e supervisar as prácticas extracurriculares. Colaborarase con empresas , apoiando ao estudante na súa inserción laboral, adoptando as medidas necesarias para iso.

Prestarase axuda ao estudante para rendibilizar mellor os recursos que ten ao seu alcance, podendo así afrontar mellor os exames e superar dificultades de aprendizaxe no sistema de educación a distancia.

coie-uned-1