/* Xavier: quitamos "http:" nos enlaces a googleapis para que cargue ben por http ou https*/

Congresos

1º CONGRESO TERRITORIAL DO NOROESTE IBÉRICO >

O Campus Noroeste da UNED organiza o Primeiro Congreso Territorial do Noroeste Ibérico dende a convicción de que existe unha realidade xeográfica, histórica e cultural con coherencia interna e susceptible de ser abordada dende postulados de cooperación, sustentabilidade e cohesión social e territorial, de acordo cos principios e esixencias da Estratexia Territorial Europea (ETE) e coa idoneidade precisa para adaptarse á Axenda Territorial Europea (ATE), co propósito de constituír un evento de cooperación interterritorial que favoreza a integración dos pobos que conforman esa realidade apuntada. Ese territorio, ao que denominamos Noroeste Ibérico, comprende o actual ámbito territorial do Campus Noroeste da UNED, é dicir, as catro provincias galegas, Asturias, León, Zamora e Salamanca, ao que se engade o territorio da Rexión do Norte de Portugal.

O Congreso constitúe o primeiro paso dun proxecto de amplo alcance que pretende establecer un marco de colaboración entre profesores dos Centros Asociados da UNED do Campus Noroeste, os profesores das universidades presenciais do territorio concernido, españolas e portuguesas, e todos os profesionais altamente cualificados que desexen integrarse nese proxecto de coñecemento e intelixencia territorial. Ante a inoperancia doutros capitais, é a ocasión de que o capital intelectual invista o seu enorme potencial para maior beneficio da cidadanía. Dispoñemos do coñecemento e tamén a tecnoloxía para facelo chegar onde sexa necesario, só resta a organización e iso está ao noso alcance, si contamos coa colaboración de todos.

José Luis Prieto Arroyo
(Director do Campus Noroeste da UNED e presidente do Congreso)

Acceso á páxina do Congreso >

I Congreso del Noroeste Iberico