Extensión Universitaria

O Campus Noroeste da UNED conta con 7 Centros Asociados e 14 Aulas Universitarias nos cales desenvolve dende o curso 2009 diferentes actividades de Extensión Universitaria.

Tanto os Centros Asociados como as Aulas Universitarias que deles dependen teñen, entre outras, a función de programar a extensión universitaria e desenvolvemento cultural para a poboación con cursos de formación e de divulgación adecuados á demanda territorial.

Desde o curso 2009, o Campus Noroeste conta cunha programación de Extensión Universitaria propia, completando desta forma a oferta de cada un dos Centros Asociados que o compoñen. É por iso que se realiza neste momento unha nova convocatoria do xa coñecido “Programa Campus de Extensión para as Aulas”, que este ano se amplía tamén ás seus 7 Centros.

Durante os catro anos nos que se vén desenvolvendo o Programa Campus de Extensión Universitaria o Campus Noroeste organizou máis de 240 cursos, a maioría deles impartidos por profesores titores.

Sobre a base da experiencia acumulada, nesta nova convocatoria, 2013-2014, reiteramos a invitación a participar a todos os profesores titores dos diferentes Centros do Campus Noroeste co propósito de que a UNED consiga os seus obxectivos de contribuír ao desenvolvemento territorial máis aló da súa responsabilidade en materia de ensinos regulados, precisamente, nuns momentos de especial necesidade daquela formación específica que facilite as posibilidades de desenvolvemento persoal e profesional dos\as cidadáns/as a quen van dirixidos os nosos programas de extensión universitaria.

    Máis información para participar no programa de extensión “Programa Campus de Extensión para as Aulas 2013/2014”:

  • Convocatoria
  • Solicitude
PROGRAMACIÓN EXTENSIÓN UNIVERSITARIA CAMPUS NOROESTE >

As actividades de Extensión Universitaria organizadas polo Campus Noroeste, son aquelas en as que como centro organizador figura o Campus Noroeste, do mesmo xeito que no seguinte exemplo.

extension-universitaria-2

 

Extension universitaria UNED - Campus Noroeste