/* Xavier: quitamos "http:" nos enlaces a googleapis para que cargue ben por http ou https*/

Premios “Programa Creación de Empresas UNED”

O COIE da UNED pon en marcha a 3º edición do “Programa de creación de Empresa” dirixida a estudantes e titulados da UNED con talento e ideas de negocio. Os seleccionados desfrutarán de acompañamento formativo, asesoramento personalizado e mentoría profesional. Ademais premiarase aos mellores con capital “semente”, axuda á financiación, espazos, acompañamento por parte de especialistas e outros premios en especie ao obxecto de conseguir que as súas ideas emprendedoras se convirtan en proxectos empresariais sostibles.

A convocatoria estará aberta ata o 30 de novembro de 2016. É un programa gratuíto no que se seleccionan 14 estudantes e/ou titulados UNED (títulos propios incluídos). Como parte do programa os seleccionados reciben unha bolsa para a formación “Mentoring e asesoramiento para emprender” (13 ECTS).

Pode consultar toda a información desta convocatoria na páxina correspondiente deste programa na web do COIE.