/* Xavier: quitamos "http:" nos enlaces a googleapis para que cargue ben por http ou https*/

A UNED de Lugo homenaxea ás Letras Galegas e a Rosalía de Castro cun concerto-masterclass

A través dun concerto e de múltiples exemplos musicais, os integrantes do proxecto musical Evoéh acercarannos de primeira man ás diferentes formas de creación en relación con tres fontes: a música, a tradición e a poesía.

Neste concerto-conferencia de carácter pedagóxico e divulgativo, os músicos exporannos temas como a relación entre a música e a poesía, a relación entre a música e os estados de ánimo ou o encontro entre arte culto e arte popular.

O concerto-masterclass terá lugar o próximo mércores 15 de maio de 2019, de 19:00 a 20:30 horas no salón de actos do centro.

Máis información: http://extension.uned.es/actividad/19731&codigo=LCME