Presentacións de libros
Presentación do libro “Análise dás eleccións autonómicas galegas do 21 de outubro de 2012”, baseado no curso impartido no Centro da UNED de Lugo.
O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, presentou o libro ‘Análise dás eleccións autonómicas galegas do 21 de outubro de 2012’, no que cinco cronistas e expertos en política reflexionan sobre o sistema electoral vixente, en particular no caso de Galicia. A obra, dirixida por Antonio Torres do Moral e coordinada por Fernando Martínez Arribas, contén os relatorios dos expertos participantes nun curso celebrado na sé da Uned en Lugo. O curso contou con sesións teóricas e prácticas nas que se someteu a análises o proceso electoral celebrado en Galicia en outubro do 2012, atendendo á perspectiva politolóxica e á dimensión xurídica da Lei Electoral vixente.
Gómez Besteiro destacou que tanto no curso como no libro abórdase “un tema de plena actualidade”. “Defendo que, fronte á situación que vivimos, que non é só unha crise económica, senón tamén ideolóxica, a política é a única resposta posible á saída destes problemas, porque a política reconcílianos con outro concepto esencial que é o concepto da democracia, da decisión compartida entre todos do noso futuro”, sinalou o político socialista.
Participaron na presentación Fernando Martínez Arribas; Ana Belén Traseira, secretaria do centro asociado da Uned de Lugo, e Lucila Ventoso, responsable da editorial Andavira, que publicou o libro.
Os autores son Álvaro Xosé López Mira, profesor de Ciencias Políticas e da Administración na Universidade de Vigo; Anxo Lugilde, xornalista e columnista habitual da Vanguardia e os xornais do grupo O Progreso; Fernando Martínez Arribas, doutor en Dereito e profesor de Ciencia Política e da Administración na Universidade de Vigo e de Dereito Constitucional na Uned; Antonio Carlos Pereira Menaut, doutor en Dereito e profesor de Dereito Constitucional na USC, e Enrique José Varela Álvarez, doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía, profesor na Universidade de Vigo, todos eles autores de diversos libros e estudos de carácter político.
Acceso á publicación >
Presentación del libro “Cómo superar la crisis. Decálogo de supervivencia”.
Presentación do libro “Cómo superar la crisis. Decálogo de supervivencia” por Don José Luís Calvo (10 de junio de 2009).
O pasado 10 de xuño de 2009 tivo lugar no salón de actos do Centro Asociado á Uned en Lugo a presentación do libro “Cómo superar la crisis. Decálogo de supervivencia”.