/* Xavier: quitamos "http:" nos enlaces a googleapis para que cargue ben por http ou https*/

A UNED implícase nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)

A comunidade universitaria da UNED e autoridades políticas estarán presentes na Xornada Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (Axenda 2030), sostenibilidad e comunicación que se celebrará no Centro asociado de Lugo o 28 de febreiro de 2020.

Esther Souto Galván, Amelia Pérez Zabaleta e Claudia Sevilla Sevilla, vicerreitoras da UNED, explicarannos o papel que a universidade está a xogar na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, acompañadas de Benxamín López López, técnico da Deputación de Pontevedra, que exporá a relación entre os ODS e a administración local.

Asistencia presencial e online gratuíta, logo de matrícula.

Realizarase online ou presencialmente o 28 de febreiro de 10:00 a 19:00 horas.

Máis información e matrícula aquí.

#UNEDLugoNaturalMente