Festa Fin de Curso 2018-19. Concerto dos grupos “Atención Tsunami” e “Allova”

Grazas a alianza coa Asociación Cultural Teleclube o vindeiro venres 30 de agosto celebraremos o fin de curso ao solpor cos concertos  de  Allova (A Coruña) e Atención Tsunami (Madrid), música en directo para bailar sobre o río Miño, nunha festa inesquecible con dúas bandas diferentes, pero coa electrónica como fío de parentesco.

As portas abriranse ás 20:00 horas cunha pequena degustación de “delicias culinarias” que preparará o @restaurantepaprica e despois levantaremos as mans e berraremos, bailando, felices ao mundo “Ola setembro!”.

Máis información :  https://blogs.uned.es/centrosasociados/fiesta-fin-de-curso-en-la-uned-de-lugo/ .

Venda de entradas (10 € anticipada / 13 € o día do concerto): Ho Gruf (Campo Castelo) , UNED Lugo (9-14 h.) e Wegow .