Lugo En Negro

A UNED Lugo tinguirase de negro, por segundo ano consecutivo, para amosar a súa repulsa ás violencias machistas. Faino baixo a campaña conxunta de sensibilización no marco do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, coa denominación En Negro Contra a Violencia. Trátase de facer visible a protesta contra as violencias machistas a través dunha campaña na que participan establecementos hostaleiros, comercios, empresas, asociacións, clubs deportivos ou centros escolares, a través de camisetas, mandís, pulseiras ou outros distintivos que amosen, con contundencia, a repulsa da sociedade a un problema público, a violencia machista. Faise ademais de xeito global e transversal, con coordinación entre concellos moi diversos e de diferentes cores políticas, implicando ao tecido económico, social e cultural, para identificar e transmitir a mesma mensaxe a través da cor negra.

O sábado 25 de novembro as 13:00 h. en colaboración con distintas asociacións, clubs deportivos e centros educativos da nosa cidade, rodearemos a Muralla de bandeirolas negras contra  violencia, e izarase un lazo de globos na Mosqueira. Contamos coa tua presenza. Achégate a Praza Maior de Lugo a recoller a túa bandeirola e súmate a #ennegrocoasviolencias.

Máis info: http://ennegrocontraasviolencias.gal/