A UNED de Lugo celebra o 1 de outubro a súa Xornada de Acollida.

O COIE (Centro de Orientación e Emprego) da UNED en Lugo, en colaboración co Centro asociado á UNED en Lugo, organiza a XORNADA DE ACOLLIDA dirixida a todos/as o/as estudantes da UNED, especialmente a aqueles/as que se matricularon por primeira vez.

Esta xornada contribúe a familiarizar o estudante co campus virtual e coa plataforma aLF, así como a coñecer todos os recursos educativos da UNED.

Aproveitarase esta xornada para dar a coñecer a figura do/a profesor/a conselleiro/a, así como farán a súa presentación os/ás representantes dos/as estudantes.

É totalmente gratuíta. Celebrarase o día 1 de outubro no Salón de Actos do Centro asociado á UNED en Lugo, en horario de 19:00 a 21:00 horas. Tamén se emitirá por streaming en directo e en diferido.

Os/as estudantes interesados/as deben matricularse en http://extension.uned.es/actividad/idactividad/22813.