A UNED de Lugo destaca por un récord de matriculación para o curso 2024-2025

Lugo, 30 de outubro de 2024 – A Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) de Lugo celebra un fito histórico ao alcanzar o maior número de matriculados da última década. Este impresionante crecemento sitúa á UNED de Lugo á cabeza do campus noroeste, reafirmando o seu compromiso coa educación accesible e de calidade.

Ademais, a UNED de Lugo informa que o prazo de matrícula se amplía ata o 5 de novembro. Con esta decisión, invitamos a todos aqueles que queren continuar a súa formación ou iniciar unha nova etapa académica a coñecer as oportunidades que ofrecemos.

A UNED, como universidade que une, ofrece unha ampla variedade de graos, mestrados, micrograos, cursos de acceso e programas de extensión universitaria. Con esta diversidade, cada estudante pode atopar a opción que mellor se adapte ás súas necesidades e obxectivos profesionais.

Animamos a toda a comunidade a sumarse a esta experiencia educativa única e a formar parte da universidade que transforma vidas. Para máis información sobre os programas de estudo e o proceso de matrícula, visiten a nosa páxina web en www.uned.es ou contacta co centro de Lugo de 9 a 21 horas, a través de WhatsApp 608577391, teléfono 982280202 ou correo electrónico info@lugo.uned.es