A UNED de Lugo imparte unha actividade sobre a emerxencia climática no CEIP A Milagrosa

A UNED de Lugo, en colaboración co Colexio Diocesano La Milagrosa de Lugo, impartiu unha actividade sobre a Crise Climática ao alumando de quinto e sexto curso de primaria. A conferencia, recollida baixo o nome de “Alfabetización Climática. Educación para o Desenvolvemento Sostible”, está amparada dentro de #LugoNaturalMente, un proxecto de divulgación ambiental da universidade.

Os biólogos da UNED Lugo, Paula Fernández Moure e Alejandro Rodríguez García, foron os responsables de desenvolver a actividade. A charla tiña como obxectivo contextualizar historicamente a crise climática actual, afondando nas súas causas e consecuencias. Con esta iniciativa, a universidade busca promover a conciencia ambiental e social entre a mocidade.

Con este, engádese un novo relatorio aos xa impartidos no nome desta iniciativa que ten como finalidade a creación dunha cultura científica e ambiental nas persoas da cidade de Lugo.