A UNED de Lugo imparte unha actividade sobre a emerxencia climática no IES Leiras Pulpeiro

A UNED de Lugo, en colaboración co IES Leiras Pulpeiro de Lugo, impartiu unha actividade sobre a Crise Climática ao alumando de primeiro de Bacharelato. A conferencia recollida baixo o nome de “Alfabetización Climática. Educación para o Desenvolvemento Sostible”, está amparada dentro de #LugoNaturalmente, un proxecto de divulgación ambiental da Universidade.
Os biólogos da UNED Lugo, Paula Fernández Moure e Alejandro Rodríguez García, foron as persoas encargadas de desenvolver a actividade. O contido da charla tratou de contextualizar historicamente a crise climática actual, deténdose nas súas causas e consecuencias para, posteriormente, realizar un pequeno test grupal cos 30 estudantes participantes na iniciativa.
Con este, engádese un novo relatorio aos xa impartidos no nome desta iniciativa que ten como finalidade a creación dunha cultura científica e ambiental nas persoas da cidade de Lugo.