A UNED de Lugo ofrece unha charla sobre a prevención do suicidio
Aberto o prazo de matrícula
A charla ten por obxecto orientar na prevención de condutas suicidas, ensinando a detectar factores de risco nun/a mesmo/a e as persoas próximas.
Coñecer os sinais de alarma e os recursos de axuda existentes, son imprescindibles como método de prevención, así como o coñecemento de técnicas de escoita activa que melloren a conversación.
Será impartido por Denís Fernández Valcárcel, psicólogo especialista en rendemento deportivo.
Realizarase online ou presencial, o 10 de decembro, de 18:30 a 19:30 horas.
Máis información e matrícula: