Remata con gran éxito o curso “Leyendas Galegas” organizado pola UNED de Lugo

Hoxe, venres 16 de maio, rematou con gran éxito de matrícula e participación o curso “Leyendas Galegas”, organizado pola UNED de Lugo no marco do seu programa de extensión universitaria.
Durante catro sesións presenciais e en liña, o alumnado puido mergullarse nun percorrido fascinante polas lendas máis emblemáticas de Galicia, desde a Santa Compaña ata os encantamentos das meigas e os misterios dos bosques. As sesións foron impartidas por Raquel Iglesias Rodríguez, licenciada en Historia da Arte, profesora-tutora da UNED Lugo e coordinadora de extensión universitaria.
O curso, dirixido por María del Carmen Caldeiro Pedreira, doutora en Filosofía e Ciencias da Educación, contou cunha excelente acollida tanto na modalidade presencial como online, cunha alta participación que confirma o interese da cidadanía por coñecer e preservar o patrimonio cultural inmaterial de Galicia.
A actividade, recoñecida con 0,5 créditos ECTS (en trámite), forma parte do ciclo EDUCACIÓN e contou coa colaboración da Deputación de Lugo e do Concello de Lugo.