A UNED de Lugo organiza unha Xornada de Acollida

O COIE (Centro de Orientación e Emprego) de Lugo, en colaboración co Centro Asociado da UNED de Lugo, organiza a XORNADA DE ACOLLIDA dirixida a todos/as os/as estudantes da UNED, especialmente a aqueles que se matriculan por primeira vez.

Esta xornada contribúe a familiarizar ao  estudante co campus virtual e coa plataforma, así como a coñecer todos os recursos educativos da UNED.

Abrirá a Xornada, a directora, Ana Belén Traseira, dando a benvida aos/ás futuros/as estudantes. seguidamente a coordinadora do COIE, Carmen Gallego, presentará os servizos que o Centro de Lugo pon ao alcance dos/as estudantes, pasando a falar un antigo alumno, Mario Fernández Sindín, o cal falará da súa experiencia académica e profesional relacionada cos estudos na UNED. Por último, o coordinador tecnolóxico, Xavier Fernández Salgado, presentará a plataforma virtual do/a estudante e os recursos que a UNED pon á súa disposición.

É totalmente gratuíta. Celebrarase o día 28 de setembro no Salón de Actos do Centro Asociado á UNED en Lugo, en horario de 17:00 a 19:00 horas . Tamén se emitirá por streaming en directo e en diferido .

Os/as estudantes interesados/as deben matricularse en: https://extension.uned.es/actividad/idactividad/32999 .