A UNED de Lugo e ALAR Galicia asinan un convenio de colaboración
O Centro Asociado á UNED en Lugo asinou un convenio con Alar Galicia, co fin de establecer un programa de Cooperación Educativa a través do cal os estudantes da UNED, matriculados en ensinos oficiais de Grao ou conducentes á obtención dun título de Máster Universitario, poidan complementar a súa formación coa realización de prácticas profesionais.
Este convenio será beneficioso para todos os estudantes da UNED en Lugo xa que brinda a oportunidade aos alumnos dos Graos en Educación Social e Psicoloxía de realizar unhas prácticas que lles aproximen á realidade do mundo laboral.
Alar Galicia é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo obxectivo é deseñar proxectos que modifiquen as carencias socioeconómicas e laborais das persoas e colectivos de difícil incorporación socio laboral.
#UNEDLugoNaturalMente