Acceso á Universidade por Acreditación de Experiencia Profesional

As persoas que teñan cumprido ou cumpran 40 anos antes do 31 de decembro do ano en curso da convocatoria e acrediten unha determinada experiencia profesional ou laboral, poderán acceder a cursar un Grao na UNED relacionado con esa experiencia previa, sempre que non conten xa cun título que lles dea acceso á Universidade (PAU-selectividade, diplomatura, licenciatura, título de FP de técnico superior etc.).
Os interesados deben cumprir, polo tanto, 3 REQUISITOS:

• Cumprir 40 anos antes do 31 de decembro do ano en curso da convocatoria.
• Non obter outra vía de acceso á universidade (PAU-Selectividade, PAU-acceso para maiores de 25 e 45 anos, título de Técnico Superior en Formación Profesional ou equivalente ou outros títulos que dean acceso).
• Acreditar experiencia laboral ou profesional relacionada co Grao ao que se pretende acceder.

Segundo acordo dos órganos da Universidade, esixirase un mínimo de 10 anos de experiencia laboral ou profesional para poder acceder a cursar un grao na UNED.

O prazo para a solicitude será do 7 de abril ao 17 de abril de 2015. Pódese consultar toda a información en http://portal.uned.es/portal/page?_pageid=93,24359927&_dad=portal&_schema=PORTAL.