“Acto de Apertura do Curso 2021-2022” no Centro Asociado á UNED en Lugo

O luns 18 de outubro de 2021, ás 19:00, terá lugar o solemne “Acto de Apertura do Curso 2021-2022” no Centro Asociado á UNED en Lugo. Pronunciará a lección inaugural “El placer de estudiar” Dª Manuela Carmena Castrillo, avogada laboralista, xuíza emérita e exalcaldesa de Madrid.
Aínda que toda a comunidade universitaria está invitada, debido a razóns de aforo aquelas persoas que desexen asistir presencialmente deberán solicitalo a través do correo electrónico info@lugo.uned.es.
O acto emitirase tamén en directo e diferido desde o enderezo de Youtube https://youtu.be/GShU47fZyNQ/ .