A semana próxima iníciase a 4ª edición do seminario sobre intervencións asistidas con animais na UNED de Lugo

A Intervención Asistida con Animais (IAA) é unha intervención na que un animal é incorporado como parte do tratamento, co obxecto de promover a melloría nas funcións físicas, sociais, emocionais e cognitivas dunha persoa. Sempre deben estar dirixidas por profesionais da saúde ou da educación.

Trátase dun seminario que está pensado para coñecer que son as Intervencións Asistidas con Animais (IAAs) e as diferentes modalidades que existen dentro destas. Así mesmo, farase moito fincapé no benestar dos cans de intervención, parte fundamental do equipo, profundando nas súas necesidades, as súas características e a súa saúde física e emocional.

Constitúe unha formación de interese para todos aqueles que queiran ter un primeiro contacto coas Intervencións Asistidas con Animais, pero tamén para todas aquelas persoas que compartan a súa vida cun can.

Será impartido por técnicos de Globus Natura e TerOcu Clínica de Terapia Ocupacional.

Realizarase online ou presencial dende o 3 ao 31 de marzo, de 09:00 a 14:00 horas.

Máis información e matrícula:

https://extension.uned.es/actividad/28850&codigo=SIACA