A UNED de Lugo achéganos á Historia Antiga cunha conferencia sobre a relación entre Jesús de Nazaret e o Imperio Romano

Nesta actividade, o profesor do Departamento de Historia Antiga da UNED, Fernando Bermejo Rubio, dará unha conferencia na que porá luz sobre a cuestión discutida da relación que mantiveron o predicador xudeu do século I Jesús de Nazaret e o seu grupo con respecto ao Imperio romano. Tratarase de dilucidar se esta relación foi de acomodación por parte dos primeiros cristiáns ou se, pola contra, foi de antagonismo e de resistencia destes fronte a Roma.
Como parte do ciclo HUMANIDADES A CURTA DISTANCIA, organizado polo citado Departamento de Historia Antiga, esta conferencia, seguida dun coloquio cos asistentes, será unha actividade presencial.
Terá lugar o luns, 21 de outubro, de 18:00 a 20:00 horas, no Salón de Actos do Centro.
Máis información e matrícula:
https://extension.uned.es/actividad/39447&codigo=HALD