A UNED de Lugo celebra a terceira edición das Xornadas Aprendendo Feminismo
Estas “III Xornadas Aprendendo Feminismo: Feminismo e Educación: Que se está facendo?” centraranse na cuestión da igualdade no ámbito educativo. Así se analizará a situación actual da muller no ensino, expóndose medidas para alcanzar esa igualdade. Pero tamén, avanzarase na difusión da historia do feminismo e das grandes figuras femininas da Historia, como é propio destas xornadas. Algunhas delas, grandes mulleres galegas, como Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal.
A lexislación actual, no noso país contempla a igualdade e prevé instrumentos funcionais para conseguila, que na maior parte dos casos non se están cumprindo. Consideramos que conseguir a igualdade real e efectiva, así como promover a equidade entre mulleres e homes involucra a toda a sociedade.
Participarán nelas: María del Mar Carballo Cela, profesora de Filosofía en Secundaria en IES Lucus Augusti de Lugo; Felisa Redondo Valín, profesora de Lingua Castelá e Literatura e de Igualdade de Xénero en IES Ánxel Fole de Lugo; Mª Carmen Díaz Simón, profesora Secundaria xubilada. Presidenta do Foro Feminista de Lugo; Luisa Grandío de Fraga, profesora xubilada de Secundaria de Inglés, membro Foro Feminista de Lugo; Eva María Teijeiro Suárez, docente de Lingua Castelá e Literatura en IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz; Fátima Pérez Calderón, profesora xubilada de Secundaria de Francés, membro Foro Feminista de Lugo; Consuelo Rodríguez Prieto, orientadora de Secundaria, responsable da Asemblea de Mulleres do STEG; Alba Díaz Fernández, mestra de ensino público e pertence á Asemblea de Mulleres do STEG; Dolores Varela Salgueiro, profesora xubilada de Lingua e Literatura Galegas; Dra. Laura Sánchez Piñón, catedrática de Xenética da Universidade de Santiago de Compostela e María López Sandez, profesora Didáctica Lingua e Literatura USC.
Realizarase online ou presencial do 23 ao 30 de marzo.
Máis información e matrícula: