A UNED de Lugo celebra o Día dos Dereitos Humanos cunha conferencia

A UNED de Lugo celebra o día Internacional dos Dereitos Humanos coa conferencia: “COVID e Dereitos Humanos. Revisión xurisprudencia TEDH. O relatorio en liña, que se celebra ás 18:00 horas do venres 10 de decembro de 2021, correrá a cargo de Dª. Silvia Martínez Cantón, Maxistrada, Doutora en Dereito e membro correspondente da Real Academia de Xurisprudencia y Lexislación. Anteriormente comisionada no Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.

A UNED de Lugo continúa coa iniciativa PlanetaODS 2.0, proxecto gañador dos premios do Observatorio ODS da UNED, unha proposta audiovisual coas efemérides ligadas á Axenda 2030. A finalidade desta acción divulgativa é a de concienciar da importancia de vivir dun modo máis sustentable, reforzando o compromiso das administracións e da cidadanía para alcanzar os dezasete grandes Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) que contribúen a preservar o planeta e facer posible unha vida digna para todo o mundo. As mensaxes difundidas polo centro educativo a distancia versan sobre a sustentabilidade e fan fincapé na necesidade de coidar o noso planeta. A través de diversas canles sociais de comunicación a UNED de Lugo informará os desafíos globais aos que nos enfrontamos día a día, tales como a pobreza, a desigualdade, o clima, a degradación ambiental, a prosperidade, a paz e a xustiza.

Para máis información e  matrícula gratuíta visite https://extension.uned.es/actividad/25776