A UNED de Lugo ofrece un curso de axuda aos profesionais que coidan
Nesta actividade, os profesionais da saúde e dos servizos sociais teñen a oportunidade de aprender e de formarse no coidado deles mesmos. Xa que coidar como profesional a outras persoas é unha tarefa que require unha gran entrega e implicación emocional.
Coidarse como profesional non só é importante para o benestar persoal, senón que tamén ten un impacto directo na calidade da atención que se proporciona ás persoas ás que coida.
Participa nesta actividade M. Carmen Rivas Fernández, titulada universitaria experta en Transformación Social e Atención Sociosanitaria, directora e docente de accións formativas da Admón. Secretaría do Congreso Autonómico Galego de Medio Ambiente e Saúde. Programa galego municipios saudables e sustentables.
Realizarase online, do 27 ao 30 de maio, de 09:00 a 14:00 horas.
Máis información e matrícula: