A UNED de Lugo ofrece un curso sobre Mediación penal e penitenciaria

A Mediación converteuse nunha ferramenta fundamental para a nosa sociedade, xa que cada vez xoga un papel máis importante a resolución dos conflitos de forma pacífica, fomentando o mutuo acordo. A Mediación Penal, impulsada pola directriz 2012/29 da UE, ten como un dos seus obxectivos a Xustiza Restaurativa, que está a ter cada vez maior importancia, como medida alternativa ao ingreso en prisión e como unha forma de superación dos conflitos sociais e de non reincidencia das persoas que cometeron un delito, ademais está a comezar a ter unha presenza crecente na cultura penal e nas prácticas xurisprudenciales.

Será impartido por Francisco Javier Mingorance Cózar, pedagogo, mediador oficial habilitado polo Ministerio de Xustiza do Goberno de España e do Departament de Xustiza da Generalitat de Catalunya e por Elvira Fernández Domínguez, subdirectora de Tratamento de Centro Penal, máster Perfilación criminal CPBA UDIMA.

Realizarase online do 13 ao 17 de xuño, de 16:00 a 21:00 horas. 

Máis información e matrícula:

https://extension.uned.es/actividad/26921&codigo=MPYPH