A UNED de Lugo ofrece un curso sobre psicoloxía deportiva

Nesta actividade darase a coñecer unha disciplina relativamente nova e con moita proxección de futuro, como é a Psicoloxía deportiva.
Entre outras cousas, os asistentes poderán aprender diversas técnicas empregadas na Psicoloxía Deportiva para optimizar o rendemento dos e as deportistas.
Será impartido por Denís Fernández Valcárcel, psicólogo deportivo.
Realizarase online ou presencial, do 18 ao 27 de outubro, de 17:00 a 19:00 horas.
Máis información e matrícula: