A UNED de Lugo ofrece un obradoiro de sustentabilidade e cultivos ecolóxicos nos Hortos urbanos do Parque do río Rato

Este taller proporcionaranos formación práctica en optimización dos recursos dunha produción ecolóxica, protección do chan e da biodiversidade para conservar os acuíferos, colaborando no desenvolvemento das comunidades locais cunha maior rendibilidade e garantindo alimentos máis saudables para o presente e o futuro.

Terá lugar nos Hortos urbanos do Parque do río Rato da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Será impartido por Juan Carlos Llamazares Díaz, enxeñeiro de Montes.

Realizarase presencial, do 17 de abril ao 9 de maio, de 17:00 a 18:00 horas  

Máis información e matrícula:

https://extension.uned.es/actividad/30215&codigo=TSYCE