A UNED de Lugo ten preparados varios cursos e actividades co gallo do Día Internacional da Muller

Ao longo deste mes tan sinalado para a muller, realizaranse na UNED de Lugo unha conferencia, unha entrevista, as habituais xornadas de feminismo e unha exposición de pintura de temática de xénero.

A primeira actividade que se desenvolverá neste mes, será a conferencia sobre feminismo, na que a Dra. Laura Redondo, psicóloga e mediadora, experta en Violencia e Igualdade abordará o tema en compañía da directora do centro Ana Belén Traseira. Terá lugar esta tarde ás 18:00 horas. 

Paralelamente, terá lugar nas instalacións do Centro a exposición de pintura Mulleres anónimas, de Anama (Ana Rodríguez). Poderá visitarse até final de mes, do 1 ao 30 de marzo.

O mesmo día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, entrevistarase a Olga Novo, Premio Nacional de Poesía.

Para finais de mes, desenvolverase a terceira edición das III Xornadas Aprendendo Feminismo, que se centrarán nesta ocasión na cuestión da igualdade de xénero no ámbito educativo e que contarán coa presenza de: María del Mar Carballo Cela, profesora de Filosofía en Secundaria en IES Lucus Augusti de Lugo; Felisa Redondo Valín, profesora de Lingua Castelá e Literatura e de Igualdade de Xénero en IES Ánxel Fole de Lugo; Mª Carmen Díaz Simón, profesora Secundaria xubilada. Presidenta do Foro Feminista de Lugo; Luisa Grandío de Fraga, profesora xubilada de Secundaria de Inglés, membro Foro Feminista de Lugo; Eva María Teijeiro Suárez, docente de Lingua Castelá e Literatura en IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz; Fátima Pérez Calderón, profesora xubilada de Secundaria de Francés, membro Foro Feminista de Lugo; Consuelo Rodríguez Prieto, orientadora de Secundaria, responsable da Asemblea de Mulleres do STEG; Alba Díaz Fernández, mestra de ensino público e pertence á Asemblea de Mulleres do STEG; Dolores Varela Salgueiro, profesora xubilada de Lingua e Literatura Galegas; Dra. Laura Sánchez Piñón, catedrática de Xenética da Universidade de Santiago de Compostela e María López Sandez, profesora Didáctica Lingua e Literatura USC.