Concerto de “Laura LaMontagne” e directo en Instagram con “Esturirafi”

O Xoves 22 de setembro ás 19 horas continúan os directos de Instagram da UNED. Será a quenda de Esturirafi. Rut e Nahir son dúas irmás de Moaña que crearon o blog Esturirafi e a tenda sen plástico e sostible do mesmo nome. O directo terá lugar na conta da UNED de Lugo @unedlugo.

Tamén o xoves 22 ás 16.30, como peche á exposición “Unha Invasión Silenciosa, A Biodiversidade Baixo Ameaza”, terá lugar un paseo guiado pola contorna do Miño para recoñecer ditas especies sobre o terreo, da man de Francisco Bañobre, educador ambiental de ADEGA. Todos aqueles que desexen participar aínda poden matricularse na seguinte ligazón: http://extension.uned.es/actividad/23264&codigo=EIS

O programa de actividades culmina o venres 23 coa proxección do documental “Una Vida en Nuestro Planeta” de David Atenborough ás 17.30 horas e o concerto de Laura LaMontagne e Pico Amperio ás 19:00 horas.

Actividades con prazas limitadas:

#EsLaHoradeProsperar 

#STOPCambioClimático