Continúa a actividade “Viaxar na nosa cidade” con Guido Álvarez e a UNED de Lugo

O Camiño Primitivo, O Anel Verde, Barrios históricos, Barrios senlleiros, O Lugo dos ríos, Lugo fotográfico, O Lugo dos sentidos, Enigmas Lucenses, O Bosque Sagrado, Berce de San Froilán, serán os títulos das dez sesións desta segunda parte dun curso que pretende achegar os distintos patrimonios da cidade (históricos, culturais, naturais, artísticos) así como promover unha constante reflexión sobre as posibilidades de desenvolvemento cultural, turístico, ambiental e económico que poden xirar ao redor deles.

O turismólogo Guido Álvarez, Lucense do Ano no 2020, profesor titor do Grao de Turismo na propia UNED, e recoñecido Guía Oficial de Turismo de Galicia na cidade de Lugo, será o encargado de dar este curso en 10 sesións dunha hora para esta parte II.

Realizarase presencial, do 22 de febreiro ao 3 de maio de 2023, para a segunda parte. No horario de 17:30 a 18:30. 

Máis información e matrícula nesta ligazón:

https://extension.uned.es/actividad/27278&codigo=NNCI