Curso “Introducción á moda sostible”

Tania Taboada Campelo impartirá un curso na UNED – Universidad Nacional de Educación a Distancia sobre moda sostible.
A deseñadora lucense impartirá o curso do 2 ao 4 de decembro, en horario de 17:00 a 20:00 horas.
Este curso tratará de concienciarnos sobre os efectos ambientais da industria da moda actual. Así como, mostraranos a existencia de alternativas ecolóxicas e ensinaranos a ser os nosos propios estilistas sostibles.
Unha prenda de “moda rápida” que usemos menos de 5 veces e tiremos aos 35 días xera un 400% máis de emisións de carbono que unha que usemos 50 veces e teñamos por 1 ano.
Trátase da primeira actividade dunha serie delas que a #UNEDLugo dedicará este curso 2019-20 á divulgación e cumprimento dos obxectivos de desenvolvemento sostible e da Axenda 2030
Impartirase de modo online ou presencialmente.