A UNED celebra o Día das Letras Galegas cun recital poético-musical. Dispoñible o enlace á gravación

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, a cantante soprano Alma Selene e o músico José Manuel Brea darán mañá venres un recital poético-musical na UNED. Un recital no que os artistas lucenses fusionarán música e poesía para dar vida ás obras de poetas e dramaturgos galegos como Rosalía de Castro, Manuel María, Álvaro Cunqueiro, Xosé María Díaz Castro, Castelao e Piar Pallarés entre outros.

A profunda Rosalía de Castro. A elegancia sinxela de Manuel María. A comedia do teatro de Castelao. A lírica galaico-portuguesa de Alvaro Cunqueiro. A espiritualidade de Xosé María Díaz Castro. A poética social de Celso Emilio Ferreiro. A poesía espida e sen máscaras esgazada pola dor de Lois Pereiro e por último a evocadora madureza autopoética de amor, soidade e nostalxia de Piar Pallarés.

Os meus primeiros amores poéticos. Os que marcarían a miña traxectoria literaria. Os meus oito alicercesbeleza dunha lingua e dunha terra que se quedou en min e eu nela.

Alma Selene -Amores Poéticos-

O acto cultural é gratuíto e terá lugar o venres 15 de maio, de 19:30 a 21:00 horas.

Enlace á gravación do recital.